lunes 30/11/20
Este ano os socios non pagarán a cota

Que pasará coa festa do esquecemento no seu 20 aniversario?

Vemos grandes atrancos para esta anormal edición. (asoc. Civitas)

Onte a Xunta directiva dirixiuse aos socios por correo electrónico

A directiva de Civitas Limicorum, levaba xa dias sopesando, que vai a pasar coa festa do Esquecemento 2020, precisamente no seu 20 aniversario.

Dende que rematou a festa do ano pasado e despois das eleccións a xunta directiva a cal gañou a actual por un escaso número de votos, todo facía presaxiar que a edición 20 sería a que dera unha volta a todas as celebracións anteriores, e así foi, por desgraza. Parece ser que a celebración deste ano dará unha volta, pero en sentido de non celebración.

SUSPENSIÓN DAS XORNADAS DE FOLCLORE INTERNACIONAL

Esta mesma semana soubemos que a Deputación Provincial acaba de suspender a celebración das xornadas internacionais de folclore que rematan precisamente a semana anterior a celebración do Esquecemento.
Supoñemos que iso fixo reaccionar as persoas  encargadas da organización da festa do Esquecemento e onte mesmo enviaron aos socios un correo no cal se anuncia que non pasarán ao cobro as cotas do ano 20.

DIRECTIVA ESQUECEMENTO

Foto arquivo xunta directiva
SUSPENSIÓN DA FESTA ESTE ANO?
Con respecto a celebración deste ano nun dos parágrafos da mesma di  Vemos grandes atrancos para esta anormal edición.


Principalmente e por falta de máis información ó respecto non está claro se finalmente se poderá levar a cabo a Festa debido a certas prohibicións sanitarias, non permitindo a agrupación e masificación de espazos públicos, polo menos, ata o 14 de Agosto, suspendendo eventos por todo o país aínda despois de dita data.

Remata o escrito enviado aos socios cunha reseña xa para a edición do 21.

O ano que ven seremos quén de festexar o noso esperado aniversario. A Festa do Esquecemento: edición 20+1!