martes 19/1/21

Patatas AMA doa 2 toneladas de patacas ao banco de Alimentos de Lugo

Do porte encargouse unha das empresas que habitualmente fai o transporte dos seus pedidos, tamén sen custe

Na tarde de onte, dende a nave que Patatas Ama ten en Piñeira, saíron dúas toneladas de patacas da Limia, amparadas pola IXP para o Banco de Alimentos de Lugo.

Petición do propio Banco

Fai uns días, declara Amador Díaz, propietario da firma de venta de patacas por internet, que se dirixiu telefonicamente a eles o responsable do Banco de Alimentos de Lugo, para solicitarlle unha colaboración.Analizando a situación pola que está pasando o pais e as datas en que estamos, decidimos facer un esforzo e preparáronse as dúas toneladas.
IMG_20201211_175508Segundo manifestou o responsable de Lugo, o seu Banco de alimentos está atendendo a 1.600 familias, que o están a pasar moi mal.
Ante esa petición, nos decidimos colaborar coa doazón de dúas toneladas de patacas, implicando a súa vez a empresa de transporte urxente GLS para que fixera o transporte sen coste, para que así recibiran o cargamento urxente e sen ter que aboar nada.
PROPOSTAS DENDE A ASOCIACIÓN DE PATAQUEIROS
Vista esta petición, Amador Díaz, como presidente, púxose  en contacto cos membros da asociación de produtores para ver a posibilidade de entre todos, ou polo menos uns cantos poder facer outras doazóns aos outros Bancos de Alimentos, polo menos das outras seis cidades de Galicia.

Patatas AMA doa 2 toneladas de patacas ao banco de Alimentos de Lugo