martes 4/8/20

Pon en marcha a túa propia horta co CDR O Viso

O Centro de Desenvolvemento Rural organiza e Lodoselo un curso gratuíto de agricultura familiar REDACCIÓN [email protected] Twitter: @Dendealimia Xa non hai ningunha escusa para...
CURSO_AGRICULTURA_FAMILIAR
CURSO_AGRICULTURA_FAMILIAR

O Centro de Desenvolvemento Rural organiza e Lodoselo un curso gratuíto de agricultura familiar

REDACCIÓN

[email protected]

Twitter: @Dendealimia

Xa non hai ningunha escusa para non poñer en marcha a túa propia horta. O Centro de Desenvolvemento Rural O Viso pon en marchar un curso de agricultura familiar gratuíto que dará comezo o vindeiro 12 de xullo nas súas instalacións de Lodoselo, Sarreaus.

Neste curso impartirse a teoría e práctica sobre o proceso de cultivo da terra, en catro módulos e dez sesións desde o vindeiro mes de xullo e ata novembro, o horario da primeira sesión será de 10:30 a 14:00 horas e de 16:00 a 20:00 horas.

Desde o CDR O Viso entende que “nos tempos que corren de altas cifras de desemprego e de pobreza e exclusión social é importante recuperar a cultura do cultivo para autoconsumo”, de aí e dentro dos actos de celebración do Ano Internacional da Agricultura Familiar xorde a idea de ofrecer este tipo de formación aos habitantes da comarca. Para inscribirse nesta actividade ou obter máis información, pódese acudir ao Centro de Información da Limia na Praza Maior de Xinzo número 1, 1º ou no teléfono 988 46 15 71.

Comentarios