lunes 10/8/20

"Princesas con cuento" inaugura as Xornadas teatrais de Xinzo

O Concello estrea esta iniciativa en colaboración coa Axencia Galega de Industrias Culturais REDACCIÓN [email protected] A obra de teatro “Princesas con cuento” escrita...
princesas con cuento
princesas con cuento

O Concello estrea esta iniciativa en colaboración coa Axencia Galega de Industrias Culturais

REDACCIÓN

[email protected]

A obra de teatro “Princesas con cuento” escrita por Roberto de la Torre, será a encargada de inaugurar, interpretada polo grupo Delatoute, as Xornadas Teatrais de Xinzo de Limia. Esta iniciativa do Concello de Xinzo en colaboración coa Axencia Galega de Industrias Culturais propón catro sábados de representacións no auditorio da Casa da Cultura.

O próximo día 10 tocaralle a quenda a "Go on!" de Malasombra Produccións, o 17 a Abrapalabra Creacións Escénicas con "As do Peixe" e o 24 actuarán os membros da escola municipal de teatro, o grupo Aneis, dirixido por Manuel Fontemoura que representarán "Cando manden os animais".

Comentarios