A procesión do Santo Enterro, volveu a lucir como sempre

Procesión Santo Enterro-Praza Maior
A procesión do Santo Enterro, volveu a lucir como sempre

Moita, moita xente, con moita devoción, e sobre todo silencio

Un ano máis a procesión do Santo Enterro de Xinzo, volveu a ser un dos acontecementos importantes da vila. Cunha temperatura de pleno mes de xullo, a hora prevista foron saíndo os pasos que na noite do venres santo procesionan polas rúas da vila.

Como no último ano antes da pandemia a procesión foi presidida por Monseñor D.José Rodríguez Carballo, Arcebispo de Belcastro. Asistiu tamén a alcaldesa Elvira Lama acompañada por membros da corporación local e a música estivo a cargo da Agrupación Musical da Limia.

Panorámica praza Maior-Procesión
Panorámica praza Maior-Procesión