martes 21/9/21

O profesor Limián Camilo Brandín acaba de publicar outro libro,esta vez, sobre costumes do seu pobo natal

Recordos dun pueblo (Perrelos da Limia)

Brandin
Brandin

Camilo Brandín acaba de publicar na editorial Tórculo un pequeno libro, sobre os costumes, tradicións, lendas, atividades, traballos e diversas historias de un pueblo da Limia, anotando que, a pesar de que son os que “están dando de comer” ás acementadas ciudades, sempre foron despreciados e olvidados. Incluso, nistes terribles momentos da pandemia, na que os sanitarios tiveron unha actuación exemplar, tados se acordan dos verdadeiros problemas que realmente sufren os da restauración, pero a leite do cafelito, as patacas fritas, o polo, a chuela, o pan, os ovos para a tortilla, a cervcexa, o “ribeiro”… todo lle ven dos pueblos do campo; pero desto, coma sempre, non se escribe nada de nada.

Portada libro BrandinCando se espandiu o covid-19 obligou a quedar confinados nas casas sin posibilides relacionarnos. Cada quen, para non aburrirse, dicidiu faguer algo. A el ocurríoselle escribir no ordenador a cerca do pueblo onde naceu.
Estamos nos momentos en que as actuáis e próximas xeracións cibernético-dixitais vanse separando e olvidando tamén do campo, os seus traballos e as suas tradicións. Hai que deixar algo escrito, para que, co paso do tempo, non se esquezan de todo.
E, ainda que se refire expresamente só a os vecinos da zona, pode ser de utilidade para todos aqueles que lles interesen as cousas dos pueblos do campo de Galicia. Por ser orixinal, ata se manten a fala propia, e sen normativizar.
Trata das tradicións orixinais do seu pueblo: o Arangaño, as entubiadas, trouladas, traballos, fontes, buieiras, anédotas, lendas; pero tamén temas mais comús como a seitura, acarrexa, a meda, o proceso do liño… Recóllense os motes-alcumes tan tradidiconais en Galicia que se lle atribuen ás familias nas aldeas, o mesmo que os nomes dos lugares e montes que os rapaces de agora xa nin lles soan. Pois no Catastro aparece 14 ou 15 nomes, pero preguntándolle ós vecinos aoprtaron 130 denominacións de lugares, ata o último recuncho ten nome.

Non ten ninguha finalidade económica, sinon de divulgación gratuita, o mesmo ca otros publicados por el mesmo cama “Os xogos dos nosos rapaces”, para que non se esquezan as tradicións propias de cada lugar. Do contrario, coas xeraciós dos tempos modernos, con outros modos de pensar e de vivir, moitos dos costumes e denominaciós do rural, iránse olvidando e desaparecendo para sempre. Deixemos ó menos algo escrito, dí o autor.