domingo 19/9/21

Que pasa no cruce das rúas Formigueiro-Marcelo Macías e Cruceiro ?

Cando xa todo Xinzo desaugou, ata o barrio de Abaixo,  a confluencia destas rúas segue anegada

00070

IMG_20210617_151253

Xa todos sabemos que todo Xinzo é unha zona con risco de anegamento. Tamén sabemos que ai zonas máis propensas que outras, por estar aínda máis baixas que a media da chaira da vila. Pero o que ninguén se explica, e así o preguntan os veciños destas rúas, é  o que ocorre, para que cando chove un pouco forte a marxe esquerda de Marcelo Macías, dirección cara a xeral e o cruce de  esta rúa coas de o Formigueiro e o Cruceiro, atasca deseguida, e o nivel da auga sube por riba das propias beirarrúas,   algo que fai moi difícil o tránsito en coches, e por suposto o tránsito de peóns.

IMG_20210617_151227

A pregunta queda no aire, aínda que a resposta ten que vir dende a casa Consistorial ou ben da CHNS.

Por certo, o seu presidente, segundo informou a alcaldesa esta mañá virá de visita para obras a semana que ven. Estaremos atentos para facerlle a pregunta.