sábado 16/10/21

R cable, recoñece os problemas de internet en Xinzo

Parece que se solucionarán a finais deste mes de abril

R

No pleno anterior o concello aprobou unha moción, para reclamar as empresas telefónicas con rede en Xinzo, entre elas a ex-galega R, polos problemas continuados de lentitude polas tardes.

r-logo2Ante o escrito enviado polo concello a compañía de telefonía  vasca contestou que tomaron nota do escrito, o, facémonos cargo da situación comentada no mesmo, e dende R xa puxemos en marcha as operacións necesarias para solucionar o problema detectado de lentitude na navegación por Internet dos nosos clientes o antes posible.

Estanse a facer os mellores esforzos por parte de esta compañía, para teres rematados os traballos o antes posible, considerando que os mesmos, estarán rematados a finais do mes de abril.

Estas operacións suporán resolver os problemas de saturación Internet HFC, e dada a complexidade dos mesmos, considereouse que non poderían estar rematados os traballos necesarios ata finais do mes de maio, tal e como lle foi dito verbalmente a Sra. Alcaldesa por parte de persoal de R. Así a todo, e dada a situación, estanse a facer os mellores esforzos por parte de esta compañía, para teres rematados os traballos o antes posible, considerando que os mesmos, estarán rematados a finais do mes de abril. Por tanto, estarían estes rematados un mes antes do que tiñamos previsto.