A residencia de Porqueira xa está ao 100%, dous meses antes do previsto

1
A residencia de Porqueira xa está ao 100%, dous meses antes do previsto

Este mes que tiveron que esperar para preparar os papeis para trasladarse se lles fixo eterno

Hoxe día 1 de abril a residencia ten sete inquilinos máis co que a súa ocupación está ao 100%.

Todos eles estaban noutras residencias da provincia e todos eles manifestaron que este mes que tiveron que esperar para trasladarse se lles fixo eterno.

O PERSOAL DA RESIDENCIA TAMÉN ESTÁ XA COMPLETO

Un fisioterapeuta, unha directora, enfermeira, 10 xerocultores un cociñeiro, un axudante de cociña e persoal de limpeza completan o persoal necesario e suficiente para o funcionamento integral da residencia.Esta é una das poucas residencias da provincia que son de xestión pública. Non está cedida a ningunha empresa privada.

No prazo de dous meses abrirase o centro de día cunha capacidade de 10 persoas

Para o mes de maio está previsto que a residencia oferte 10 prazas como centro de día. Tamén dende a residencia comezarán en breve a ofertar o servizo de xantar a domicilio todos os días , incluídos os fins de semana, así como un servizo de lavandería a domicilio.

Responsables da residencia comentan que neste momento xa hai una lista de espera de máis de 10 persoas para ingresar na mesma.