jueves 6/8/20
Inocentada 2016

A Romaría da Sainza celebrarase o 15 de agosto

O emblema lúdico-relixioso das terras da Limia –en menos de tres lustros– volve trocar o día grande dos festexos.

Romaría da Sainza (imaxe de arquivo)
Romaría da Sainza (imaxe de arquivo)

Durante décadas o día 24 de setembro foi para os limiaus un día de festa. Cunha participación multitudinaria, ano tras ano eran moitos os que deixaban as súas ocupacións diarias e achegábanse á Sainza. A partir do ano 2003 cambiouse o día do "ataque" para o domingo máis próximo á data do 24 de setembro.

No día de onde a Asociación Coordinadora Amigos da Sainza decidía cambiar, unha vez máis, esta Festa de Interese Turístico Galego para o día 15 de agosto.

OPINIÓNS DA RÚA

Que lle parece este cambio de data da celebración da Romaría da Sainza?

Josefa Asunción Morgade Rúa. (Alcaldesa de Rairiz de Veiga, en funcións).

A rexedora de Rairiz de Veiga, Asunción Morgade."Paréceme unha boa iniciativa por dúas razóns. Por unha parte dámoslle a oportunidade de poder participar neste acontecemento lúdico-relixioso ós que collen as vacacións no mes de aghosto. E por outra parte non coincidirá ca arranca das patacas. Porque na pasada edición, entre cobrar a cota da festa, que ben , tamén aproveitei para entreghar a papeleta para as autonómicas do día 25 de setembro, facerlle compaña a policía local na recadación dos chiringhitos do campo, despachar nos bares da Asociación Coordinadora … case que teño que deixar as patacas na leira.

Excmo. e Rvdmo. Sr. D. Gaime Collazo Bóveda (Arcipreste da Limia) .

D. Jaime"Neste curso pastoral no que a Diocese de Ourense ten a graza de estar celebrando un Sínodo , todos os cambios son bos. E debido ó pouco peso que está tendo o aspecto relixioso da festa e a falta de sacerdotes, e máis en especial no mes de agosto en que moitos collemosJulio Torres vacacións, estamos barallando a idea de trasladar ó Pastor da Igrexa Evanxélica de Lalín, D. Julio Torres, á parroquia de S. Xoán de Rairiz de Veiga".

Comunidade Marroquí da Limia (Rúa de Madrid dende o COREN Grill sentido Porto Alto)

"Non estamos de acordo en que se siga o almanaque solar para poñer a data das festividades, o mellor sería seguir o calendario luar. Así e todo, ó ser na forza da calor, teremos máis posibilidades de gañar a batalla. Salam aleikum".

José Joaquín R. Ambrosio "o Meteorito" (imputado por Rairiz de Veiga).

xaquin na sainza 2"Agradezo ós meus amigos da Coordinadora este cambio. Por unha parte xa dixen por boca da alcaldesa Josefa Asunción os puntos claves do cambio, aínda que me esquecín de dicirlle que tamén se vendían máis botellos nos nosos bares. Por outra parte, as altas temperaturas do mes de agosto favorécenme as cordas vogais . O meu debut como comentarista no último ataque deu moito que falar. Dende entón chóveme ofertas de moitas produtoras para dobrar ós seus actores para o mercado hispanofalante .Neste intre, a pesar de que o Concello aínda me saca máis tempo ca antes, estou traballando na dobraxe de Christopher Lee na segunda parte de Sombras peligrosas, dirixida por Tim Burton".

ADEGAL (Asociación de Empresarios, Gandeiros e Agricultores da Limia).

"Estamos moi contentos de que se fixese este cambio. Xa levamos varios anos solicitándoo á Consellería de Turismo. Deste xeito non se interrompe o ciclo biolóxico da pataca".

Carlos Gómez Salgado (Parlamentario da Limia).

Carlos Gomez"Neste caso lograron o consenso preciso para facer este cambio. Eu hai anos, cando dirixía a Concellería de Cultura de Xinzo, intentei facer caer o luns de Entroido o mércores de cinsa , pero non tiven partidarios".

Manuel Ferreiro Fernández (Díscolo por Rairiz de Veiga).

Manuel Ferreiro

"Antes de entrar en valoracións, sería preferible saber quen son os integrantes da Asociación Coordinadora amigos do da Sainza. Confiamos que nestes días Iker Jiménez nos descubra ós amigos".

Delfín Caseiro  Nogueiras (Catedrático de Lingua Galega).  

Defin caseiro

"Monte Albán, Monte Albán… mira ca Sainza o que fan".

 Xoán Xosé Jardón Pedras (Alcalde de Vilar de Santos)

ALCALDE VILAR DE SANTOS"Non sei como aceptarán os nosos veciños e veciñas de Rairiz de Veiga este cambio. Aquí en Vilar de Santos estamos moi acostumados a cambiar. Nós por exemplo, en pouco tempo, demos un paso para atrás e dous para adiante. Por iso nos plantexamos no último pleno facer un himno para o Concello, e estamos pensando en galeguizar aquela canción de Ricky Martin  un, dos, tres, un pasito p'alante María... un, dos, tres un pasito p'atrás".

Rvdo. Sr. D. José Emilio Casal Selas (Abade de Vilar de Santos e intermediario Apostólico entre Cataluña e o resto de España).

Abade Emilio

Como membro da Sagrada Congregación da Evanxelización dos Pobos, neste intre non pode atendernos por atoparse presente no Tribunal Supremo da Sinatura Apostólica. O motivo que o levou á Cidade Santa é o xuízo ó que fora Cardeal Arcebispo de Barcelona, LLuis Sistach, pola afirmación de que o Expresidente da Generalitat de Cataluña, Jordi Pujol "foi un referente para Cataluña e un referente tamén de honestidade".

Manuel López Casas (Concelleiro en Xinzo dende a Constitución de 1812).

lopez casas

Tampouco o podemos localizar poque está nunha bendición dun taller téxtil de la de alpaca huacaya para a confección de ponchos en Rebordechá.

 

Comentarios