miércoles 2/12/20
Na Limia hai 104 positivos en Covid-19

SARREAUS, VILAR DE BARRIO E VILAR DE SANTOS, levan moitos días sen ter veciños afectados.

Segundo os datos aportados por Sanidade no día de onte(20.11)

Listado situación epidemiolóxica dos concellos da Limia a 20.11.20
Listado situación epidemiolóxica dos concellos da Limia a 20.11.20

Os Blancos entrou na preocupante lista fai dous días, no que apareceu un caso.

O outro concello que na última semana subiu o número de persoas contaxiadas é o de Baltar que conta a día de onte con seis casos, un menos que Rairiz de Veiga.

Rairiz de Veiga é despois de Xinzo o concello con máis positivos por habitante

Ata fai 5 días o concello de Rairiz de Veiga era por poboación o concello con máis contaxios en Covid da comarca, aínda que en ningún momento segundo nos confirman membros da oposición, non hai ningún comunicado a poboación da situación epidemiolóxica do Concello. Segundo esta mesma persoa, manifestou ao dendealimia, que a alcaldesa estaba máis preocupada do que acontecía en certa residencia de maiores de Verín, que do seu concello.

A verdade é que aínda a día de hoxe, que baixou en 5 persoas os contaxiados continúa a ser o segundo concello da comarca en contaxios por habitante.

(*) O listado de habitantes, son os datos actualizados da FEGAMP