Solidaridade para os que mais os necesitan e menos equipados están

guantes-mascarillas
Solidaridade para os que mais os necesitan e menos equipados están

Máis de un cento de packs contra o covid-19 para a Limia.

Un anónimo veciño de Xinzo quere levar a cabo un reparto de material contra o Covid-19 entre os profesionais más necesitados da Limia, os que levan a cabo a tarea diaria de atención nos distintos servicios de atención a domicilio.

Leva varios días entregando a traballadores de Xinzo de varios sectores, supermercados, etc e ata o Concello e forzas de seguridade material que nestes días está a escasear (luvas, mascarillas..) e agora quere facer a seguinte entrega de packs ás persoas que máis en contacto están coa cidadanía, como son os e as axudantes a domicilio de todos os concellos da Limia.

SOLICITUDE A TRAVES DO CORREO DE DENDEALIMIA

Esta persoa que de momento quere permanecer no anonimato ten preparado un pack con (bata, 10 mascarillas, 10 luvas e gorra) para cada unha das persoas que están a levar o traballo de axuda a domicilio nos distintos concellos da Limia. Para elo, e por non saber o medio para facelo, fai o chamamento para que calquera traballadora do servicio se dirixa ao correo de dendealimia info@dendealimia.com no que solamente teñen que dicir o número de compañeiros e compañeiras que forman o grupo en cada concello, e moi importante a maneira en que se lle poden facer chegar, si teñen posibilidades.

Xa saben a facer a solicitude.!!!