Talleres para recadar fondos a favor da infancia da man da Cruz Vermella de Xinzo

infancia
Talleres para recadar fondos a favor da infancia da man da Cruz Vermella de Xinzo

O mércores día 5 de outubro a Cruz Vermella celebra o Día da Bandeirola. Un evento de caracter nacional que se convoca nesta edición co fin de recadar fondos a favor da infancia.

infancia

O acto conta con máis de 100 anos de historia e está enfocado a captar diñeiro para fins xerais da institución.

Con motivo de tal acontecemento a entidade organiza unha xornada de actividades e talleres para grandes e pequenos. O acto terá lugar na praza Carlos Casares de Xinzo a partir das 18h.