jueves 09.04.2020

“Tirar o café pola ventá”

O sábado día 5 o Café Bar B´andos está de cumpre

20150901_161130
20150901_161130

O sábado día 5 o Café Bar B´andos está de cumpre

Perante todo o día do sábado a dirección da cafetería, que este mesmo día cumpre un ano ó fronte, quere agradecer a tódolos clientes  a súa fidelidade nos 365 días transcorridos.

E como en todos os lugares as celebracións celébranse con festas e agasallos e eles non queren ser menos, e en vez de botar a casa pola ventá eles van a botar o café e a cervexa.

images (1)PRESENTACIÓN CAFÉ “ETIQUETA NEGRA”

Dende as nove da mañá e perante todo o día farán a presentación con degustación dun novo café “etiqueta negra” . Este café especial non se pode tomar noutra cafetería de Xinzo, tendo B´andos a exclusiva.  Pero para que a cousa non quede aquí, esperan contar cun experto “barista” que ademais de facer un café exquisito tamén terá unha presentación espectacular.

Pero tampouco a cousa queda aquí, se non que o café terá un prezo especial durante todo o sábado de 0,50 Cms.MG_0176-1050x700

NOVA CARTA DE ALMORZOS

Co novo café tamén farán a presentación dunha nova carta de composicións para almorzos, así como novos doces. Perante toda a mañá  haberá a degustación destas novas composicións que a partir deste  aniversario poderemos seguir gozando cada mañá.

“CAÑA ESTRELLA” A  0,80

Para despois do medio día e en toda a tarde noite a cervexa “estrella” terá temen un prezo especial, acompañado coa degustación dos novos pinchos.

NOITE DE FESTA E RON

20150901_161146Pero a cousa non acabará aquí.

A partir das 22:00 o grupo alaricano FEITIZO deleitaranos coa súa música e despois será unha marca de Ron a que protagonice a festa latina con moitos regalos para todos os asistentes. Tamén aquí os prezos dos cubatas de ron terán un desconto importante, e todo isto ata que o corpo aguante.

Todo isto non demostra outra cousa que  para os novos xestores do Café B´andos son os clientes e para eles a mellor festa para celebralo.

Comentarios