Veciña de Xinzo, detida en Allariz

Veciña de Xinzo, detida en Allariz

Entrou a roubar nunha farmacia e levouse como "botín" un teléfono móbil

Unha veciña de Xinzo de 36 anos , de nacionalidade colombiana foi detida pola Garda Civil, despois de entrar nunha farmacia na vila de Allariz.

A presunta autora do delito de roubo con violencia e intimidación , segundo comunica a Garda Civil, entrou nunha farmacia sorprendendo a propietaria de costas e ameazouna cun obxecto non identificado. A agredida logrou zafarse da agresora escapando esta cun telefono móbil.

A detida pasou a disposición xudicial nun xulgado de Ourense.