Xa se pode ver a exposición fotográfica do colectivo “Fotosíntese” na casa de Cultura

Foto da exposición
Xa se pode ver a exposición fotográfica do colectivo “Fotosíntese” na casa de Cultura

A \“Auga e Pedra\”son o fío condutor das instantáneas expostas en Xinzo

A única asociación de fotógrafos que hai en Ourense, expón a partir desta tarde e ata o día 31 deste mes un conxunto de fotografías, todas elas panorámicas. Para a súa realización, comentaba o portavoz do grupo que se necesitaron entre 4 e 17 fotos, para conformar cada unha delas.

Despois de estar colgadas no centro Valcarcel da Deputación e no Outono fotográfico, comezaron en Xinzo un camiño que as levarán a distintos concellos da provincia.

A agrupación ademais de dedicarse a fotografía tamén soen facer talleres sobre técnicas fotográficas, tanto para os socios, como se quedan prazas para calquera afeccionado.

O Concelleiro de Cultura presente no acto, aproveitou o momento para ofrecer as instalacións e aulas necesarias para que un deses cursos se poida levar a cabo no noso concello.

O representante da agrupación, comprometeuse a facer o posible para acercarse ata Xinzo para impartir un deses cursos para os afeccionados da Limia, que hai moitos.