jueves 15/4/21

O Xeodestino Terra de Celanova – Serra do Xurés perfilan o plan de accións para o 2021

Rosendo Fernández e Emma González reuníronse hoxe, no Salón de Plenos do Concello de Celanova, cos alcaldes e representantes dos municipios que integran este xeodestino para abordar esta cuestión, así como para liquidar os convenios correspondentes aos anos 2019 e 2020

Reunión do Inorde co Xeodestino Terra de Celanova - Serra do Xurés - 2
Reunión do Inorde co Xeodestino Terra de Celanova - Serra do Xurés - 2

O Inorde e os municipios que integran o Xeodestino Terra de Celanova – Serra do Xurés perfilaron o plan de accións propostas para o convenio coa Axencia de Turismo de Galicia para o ano 2021, durante unha reunión que tivo lugar no Salón de Plenos do Concello de Celanova, e á que asistiron o presidente e a xerente do Inorde, Rosendo Fernández e Emma González, respectivamente, e os alcaldes e representantes dos concellos que integran este xeodestino.

Os principais obxectivos a acadar coa proposta de dinamización turística que presenta este xeodestino son: incrementar a notoriedade do xeodestino e captar o interese de novos visitantes; apoiar a reactivación do sector turístico local e mellorar a súa formación e colaboración con novas empresas que aposten polo territorio; aproveitar produtos turísticos noutros proxectos vinculados ao territorio para xerar experiencias incorporando ás empresas locais; e crear as bases para un maior contacto e mellora da xestión turística entre o sector privado, o Inorde e os concellos do xeodestino.

Para lograr ditos obxectivos, os criterios que sustentan  a base das accións propostas para a dinamización turística do Xeodestino Terra de Celanova – Serra do Xurés para a firma do convenio con Turismo de Galicia no ano 2021 son: apostar por novas accións de promoción, formar e apoiar ao sector turístico local, atraer a touroperadores especializados ao noso territorio, promover e difundir en especial o produto de geocaching desenrolado no convenio 2020, e seguir promovendo melloras no uso das novas tecnoloxías.Durante a reunión, Rosendo Fernández reivindicou que o noso territorio é “un destino seguro” e explicou que “a crise sanitaria do Covid-19 esíxenos adoptar novos movementos turísticos e pode ser unha oportunidade para dar a coñecer o noso territorio e ofrecer experiencias turísticas en base ao traballo realizado nos últimos anos e ao aproveitamento de proxectos turísticos xa consolidados no territorio”.

Este xeodestino abrangue os termos municipais de Cartelle, A Merca, Gomesende, Ramirás, Padrenda, Quintela de Leirado, Celanova, Verea, Bande, Lobeira, Entrimo, Lobios, Muíños e A Bola.