Xinzo acolle a preestrea do documental "Camilo o último guerrilleiro de Galicia"

camilo2
Xinzo acolle a preestrea do documental "Camilo o último guerrilleiro de Galicia"

O sábado ás 12h na Casa da Cultura de Xinzo terá lugar a preestrea do documental sobre Camilo, o último guerrilleiro de Galicia que vive en Sandiás. A peza audiovisual é obra de catro alumnos do 4º curso do Grao de Comunicación Audiovisual da Universidade de A Coruña.

Alba Sánchez Botana, Juan Sebastián Pirola Lorenzo, Miguel García Valdeón e Pedro Iglesias Fernández son os creadores deste documental que se vai proxectar en Xinzo o sábado día 22. Para acudir é preciso enviar un e-mail á dirección camilowebdoc@gmail.com.

A peza audiovisual recolle a historia de Camilo de Dios, unha persoa que tivo que facerse forte polas circunstancias que lle tocou vivir. O seu pai fundou o Partido Comunista en Sandiás e tras acabar a Guerra Civil entregouse enfermo e faleceu ós poucos anos. Seu irmán Perfecto foi abatido pola Garda Civil nun tiroteo en Ávila cando fuxía cara Francia. Súa nai foi apresada e condenada a 13 anos de cárece. El, o propio Camilo, foi torturado e pasou media vida en prisión.

O pasado ano voluntarios da Asociación para a Recuperación da Memoria Histórica localizaron o corpo do irmán do último guerrilleiro e Camilo puido cumprir o seu soño de recuperar os restos de Perfecto. Estes traballos foron posibles pola axuda económica que veu da man dun sindicato noruego de electricistas e pola colaboración desinteresada dun forense do Instituto Médico Legal de Portugal e o Equipo Arxentino de Antropoloxía Forense.

Tras un ano de traballo finalizaban a rodaxe o pasado 20 de agosto en Sandiás nun acto que irmanda a este concello coa vila de Chaherrero, en Ávila, onde morreu o irmán de Camilo. Perfecto de Dios foi executado en 1950 con tan só 19 anos e foi sepultado nunha fosa común.

Agora esta historia queda recollida no documental que poderá verse este sábado en Xinzo de Limia.