martes 07.04.2020
Institucional

Xinzo de Limia homenaxea á Garda Civil

O acto terá lugar no Salón de Plenos da casa consistorial.

Foto de arquivo dun alixo de droga incautado pola Garda Civil.
Foto de arquivo dun alixo de droga incautado pola Garda Civil.

O Concello de Xinzo de Limia realizará esta semana unha homenaxe oficial a varios membros da Policía Xudicial da Garda Civil da vila en recoñecemento ás actuacións abordadas por estes axentes nos últimos anos en materia de roubos e diversas operacións antidroga –todas elas contadas neste xornal dixital–. 

O acto terá lugar no Salón de Plenos da casa consistorial e están convidados todos os membros da corporación municipal, aínda que non está confirmada a asistencia de todos eles.