jueves 02.07.2020

Xinzo de Limia será escenario de actividades do Festival de Cine Internacional de Ourense

Xinzo de Limia será escenario de actividades do Festival de Cine Internacional de Ourense

    O Festival de Cine Internacional de Ourense descentraliza a súa programación e chegará a diversos puntos da provincia como Xinzo de Limia. A vila acollerá actividades paralelas á sección oficial aínda que polo momento descoñécese que días terán lugar.

A principal novidade desta edición do OUFF é que a maior parte das óperas primas a concurso foron dirixidas por mulleres. "En todos estes anos dedicándome a isto, sobre todo ó tema de programar, que é o meu oficio, pensei que a presentación ten un ton de celebración importante porque supón chegar a un final. A partir de hoxe todo o equipo do festival sae do anonimato. Agora é o contido o que explica o festival", declarou o director, Fran Gayo. 

O OUFF comeza o 28 de outubro e rematará o 5 de novembro con 73 proxeccións e un total de 109 sesións. O festival quedará inaugurado co filme "Santoalla" de Andrew Becker e Daniel Mehrer e que recolle a historia do holandés que apareceu asasinado cando regresaba a Santoalla logo de facer unhas compras en O Barco. Pechará o certame "Pedro Páramo" coa que se vai render homenaxe á figura do ourensán Carlos Velo.

Toda a información sobre o festival pode atoparse no enderezo www.ouff.org  

Comentarios