Xornada de convivencia e reivindicativa na serra do Larouco en Baltar

Membros do Club Parapente Baltar e da plataforma Stop Eólicos Xurés Celanova, este domingo no Larouco (1)
Xornada de convivencia e reivindicativa na serra do Larouco en Baltar

O club de parapente leva 5 meses esperando pola resposta da Secretaría Xeral para o Deporte sobre a protección do Larouco

O Club Parapente Baltar celebrou este domingo no Larouco, unha zona seriamente ameazada polos proxectos macroeólicos, unha xornada de convivencia no arranque da tempada de eventos. O Club Parapente Baltar informou de que segue á espera dunha resposta da Secretaría Xeral para o Deporte da Xunta de Galicia, a quen reclamou en decembro pasado un posicionamento en defensa do espazo do Larouco como escenario desta práctica deportiva, que inclúe campionatos do máximo nivel internacional, e que quedaría invalidada para esta práctica por razóns de seguridade de se instalar os macroproxectos previstos.

A plataforma Stop Eólicos Xurés Celanova, convidada á xornada, aproveitou para informar de que a campaña de crowdfunding FONDO PARA A DEFENSA DAS MONTAÑAS DA LIMIA, XURÉS E CELANOVA, que remataba onte, cubrira dabondo os obxectivos con máis de 3.500 euros de recadación. Os fondos empezarán a ser utilizados en breve: xa está encargado un informe biolóxico sobre os proxectos San Martiño, Mistral e Tramontana que afectan precisamente ao Larouco.