domingo 08.12.2019

Xornada de portas abertas para coñecer de preto a Asociación de Teatro Aneis

Xornada de portas abertas para coñecer de preto a Asociación de Teatro Aneis

    A Asociación de Teatro Aneis de Xinzo de Limia organiza unha xornada de portas abertas para coñecer de preto o mundo da interpretación.

A intención é que a xente se anime a anotarse a esta actividade que polo momento conta xa con máis de 50 alumnos e alumnas de tódalas idades. Unha das escolas de teatro máis grandes de Galicia que correu o risco de desaparecer. Grazas ó traballo do pobo e do profesor que loitaron por manter o teatro na Limia tras perder o apoio da adminstración. 

A primeira xornada de portas abertas tivo lugar o luns a segunda será o mércores na Casa da Cultura. Os horarios dende as 17.30h ás 18.30h para cativos de 2 a 4 anos, a seguinte quenda é a dos rapaces de 5 a 10 anos e a última que remata ás 20.30h de 15 a 18 anos. 

 

Comentarios