sábado 31/10/20
Electricidade

A Xunta convoca axudas para o pago da factura da luz

A Consellería de Industria vén de convocar subvencións para as familias con poucos recursos que non poidan asumir os abusivos incrementos no prezo da electricidade desta época invernal.

luz

A Consellería de Industria da Xunta de Galicia vén de convocar subvencións para o pago de parte da factura da luz a través do "tícket eléctrico social" de Galicia, segundo recolle o Diario Oficial de Galicia número 10 do 16 de xaneiro deste ano.

Segundo vén de informar a Concellería de Servizos Sociais, Igualdade e Benestar do Concello de Xinzo de Limia, a convocatoria está dirixida ás unidades de convivencia con menores de 18 anos ao seu cargo, ou con algunha persoa con diversidade funcional, e que non superasen os 9.585,19 € de ingresos no pasado exercicio do ano 2015.

O prazo de solicitude da axuda remata o vindeiro 15 de xullo de 2017. Os interesados poderán solicitar máis información ou tramitar a subvención no Departamento de Servizos Sociais do Concello de Xinzo de Limia, situado na Avenida de Ourense, nº 19.

A Xunta de Galicia intenta así paliar as consecuencias dos reiterados incrementos do prezo da electricidade durante estes días, que resultaron ser os máis fríos do ano na comarca da Limia, chegando aos -12ºC na capital comarcal

Comentarios