A XUNTA OFERTA ÁS PERSOAS MAIORES 170 PRAZAS PARA ESTADÍAS DE 10 DÍAS EN BALNEARIOS DA PROVINCIA DE OURENSE

170419 benestar en balnearios Laias
A XUNTA OFERTA ÁS PERSOAS MAIORES 170 PRAZAS PARA ESTADÍAS DE 10 DÍAS EN BALNEARIOS DA PROVINCIA DE OURENSE

A delegada territorial da Xunta en Ourense, Marisol Díaz, lembrou que os interesados teñen ata o 2 de maio para presentar as súas solicitudes

A Xunta de Galicia ten aberta a convocatoria para unha nova edición do programa ‘Benestar en Balnearios’ que impulsa a Consellería de Política Social e co que pretende contribuír ao mantemento da autonomía das persoas maiores, facilitándolles a posibilidade de gozar duns días de descanso, convivencia e tratamento termal; e así ocupar o seu tempo libre dun xeito activo e positivo. As persoas interesadas teñen ata o vindeiro día 2 de maio para presentar as súas solicitudes, poden facelo a través da sede electrónica da Xunta ou dos respectivos rexistros.

A delegada territorial da Xunta en Ourense, Marisol Díaz Mouteira, acompañada da xefa territorial de Política Social, María José Fernández Laso, visitou hoxe as instalacións do establecemento que Caldaria Termal ten na localidad de Laias, pertencente ao concello de Laias, un dos 5 balnearios que ofertan prazas neste programa na provincia ourensá. En concreto, este balneario, que está indicado para as persoas que precisen terapias reumatolóxicas, oferta un total de 26 prazas do 9 ao 18 de xullo

En total, en Ourense ofértanse 170 prazas ás galegas e galegos de máis idade que cumpran os requisitos esixidos na Orde publicada no Diario Oficial de Galicia (DOG). Os establecementos ourensáns incluídos neste programa, ademais do de Laias, son: Caldaria Termal Arnoia (28 prazas), Balneario de Molgas (36 prazas), Gran Balneario do Carballiño(60 prazas), e Lobios (20 prazas).

700 prazas en toda Galicia

No resto de Galicia participan: Baños Vellos de Carballo(112), Balneario de Acuña (Caldas de Reis) (20), Os Baños da Brea (Vila de Cruces) (26), Balneario de Caldelas (Tui)(26), Termas de Cuntis (106), Balneario de Mondariz (56), Termas de Lugo(100), Hotel Balneario Augas Santas (Ferreira de Pantón)(60) e Balneario do Río Pambre (Palas de Rei) (26). En toda a comunidade, a Xunta oferta 700 prazas nun total de 14 balnearios.

Díaz Mouteira indicou que a intención do Goberno galego con este tipo de programas es que as persoas maiores desfruten do seu tempo de lecer en espazos que lles proporcionen unha maior calidade de vida. Así, “Benestar en Balnearios” organízase no marco da aposta da Consellería de Política Social pola promoción dunha vida activa, saudable, independente e segura, tal e como se establece na Estratexia galega de envellecemento activo desde a innovación 2016-2020.

A delegada territorial explicou que as quendas teñen una duración de 10 días, con nove noites cada unha e desenvolveranse entre os meses de maio e outubro de 2019. A Xunta financia A Consellería de Política Social contribuirá ao financiamento do prezo da estadía coa achega dun 31,23 % do custo da praza en cada establecemento termal. O resto do importe ata completar o custo da praza será por conta da persoa beneficiaria.

A Xunta tamén activou outro programa ‘Benestar a través da Talasoterapia’ ao abeiro do que pon á disposición dos maiores de 65 anos ou de 55 que sexan pensionistas 362 prazas no Hotel Talaso Louro da Illa da Toxa e no Thalasso Cantábrico de Viveiro.