domingo 19/9/21

Un ciclista faleceu en Trasmiras ao caer da bicicleta que manexaba

Un home perdeu a vida esta tarde en Trasmiras ao caer da bicicleta coa que circulaba.

Helicopteropano

Os feitos sucederon na Rúa Virxe da Gracia, á altura do número 20, uns minutos antes das catro.

O 112 Galicia tivo coñecemento do suceso a través dos efectivos de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, que malia mobilizar un helicóptero medicalizado, nada puideron facer por salvarlle a vida ao ciclista.

Cómpre salientar que os axentes da Garda Civil tamén desprazáronse ata o lugar do accidente, tras ser alertados polo 112 Galicia.