miércoles 08.07.2020

A Consellería de Medio Ambente invertirá 237.000 euros en acondicionar o entorno da capela de Escornabois no Concello de Trasmiras

A secretaria xeral técnica da Conselleira Medio Ambiente e Ordenación do Territorio, María Jesús Lorenzana, reuniuse co alcalde da localidade, Emilio José Pazos, para ratificar este acordo

capela escornabois
capela escornabois

A secretaria xeral técnica da Consellería de Medio Ambiente e Ordenación do Territorio, María Jesús Lorenzana, e o alcalde de Trasmiras, Emilio José Pazos, asinaron un convenio de colaboración que permitirá a adecuación de distintos espazos públicos no contorno da capela de Escornabois.

En virtude deste acordo o Goberno galego investirá máis de 237.000 euros nesta actuación. En concreto, os traballos consistirán na pavimentación desta zona, no acondicionamento do parque infantil e na instalación de alumeado público e mobiliario destinado á práctica de exercicios saudables.

Plan Hurbe
Esta actuación inscríbese no Plan Hurbe, posto en marcha en 2010 polo Goberno galego e que ten un triplo obxectivo: fomentar a humanización das vilas; favorecer a cooperación da administración autonómica e os concellos; e promover o reequilibrio territorial en Galicia. Para conseguilo, o Plan Hurbe inclúe tres programas de actuación: humanización das rúas, urbanización e mellora de espazos públicos; e equipamentos públicos, referidos especialmente aos de carácter cultural e social.

Comentarios