martes 28.01.2020

Dende a Escola de Música de Trasmiras á Sinfónica infantil de Galicia

Dende a Escola de Música de Trasmiras á Sinfónica infantil de Galicia

    Guillermo, David e Bruno están aínda asimilando o feito de ser elexidos como os representantes de Ourense no encontro musical máis destacado que vai ter lugar en Ortigueira.  Durante os días programados para o acto musical, estes tres rapaces de Trasmiras terán oportunidade de formar parte da Sinfónica Infantil de Galicia. O evento está organizado pola Asociación Nacional de Directores de Banda e terá lugar os días 2 e 7 de agosto.

Guillermo Arcos de 12 anos fórmase na disciplina de trompeta, David Rodríguez de 11 no trombón e Bruno Campo de 10 é o primeiro representante de bombardino que tivo a banda que dirixe Óscar López.

O obxectivo deste encontro é por en alza o traballo que realizan as diferentes bandas e escolas de música de Galicia por medio dunha agrupación que sirve de punto de unión e conexión de todas elas. Ó mesmo tempo créase un modelo educativo, cultural e social dando a coñecer ós músicos máis novos da comunidade. 

O programa no que van participar 55 rapaces e rapazas inclúe tamén excursións, masterclass, actuacións e concertos de grupos invitados, entre outras moitas actividades. 

Agora este tres rapaces de Trasmiras teñen a oportunidade de medrar algo máis na súa carreira musical que comezaron baixo a supervisión de Óscar López, quen manifestou públicamente a súa emoción e satisfación ante estes feitos. 

Comentarios