lunes 30/11/20

O Día Mundial das aves celébrase recuperando o humidal Antonio Villarino en Vilaseca

    O Sindicato Galego de Historia Natural organiza unha xornada de recuperación dunha das zonas húmidas da Limia con motivo do Día Mundial das aves. Xa levan traballando dende o ano pasado no lugar para axudar a conservar espazos naturais de interese para estes animais. 

A xuntanza terá lugar o sábado día 1 de outubro ás 9.15h na gasolinera de Abavides. Dende alí o grupo vaise dirixir á zona húmida Antonio Villarino en Vilaseca para axudar a estender os montóns de terra vexetal para mellorar as características e textura das beiras dos cauces. Os primeiros traballos que se inciaron en 2015 foron de retirada da terra acumulada na parcela e limpeza xeral da zona.

A SGHN desenvolve este proxecto único en España que ten como obxectivo recuperar especies animais en perigo de extinción como é a "avefría". Para iso constrúen de xeito artificial as veigas e zonas húmidas onde as aves poden crear o seu habitat. A concentración parcelaria e a intensificación da activiade agraria na zona foron a causa pola que moitas destas especies desapareceron da Limia. 

A ONG leva tempo traballando neste eido, de feito nos anos 80 comezaron unha labor de recuperación da cegoña. Por aquel entón había 9 parellas desta ave na Limia e hoxe en día calculan que son unhas 100.  

 

Comentarios