martes 28.01.2020

Unha discusión sobre os lindes dunha finca remata cun ferido grave en Trasmiras

O home tivo que ser operado tras ser golpeado cunha pa

Unha discusión sobre os lindes dunha finca remata cun ferido grave en Trasmiras

     J.R e L.R, veciños de Trasmiras e primos, estaban citados a unha vista oral no xulgado de Xinzo de Limia, por mor dun asunto de lindes de dúas fincas. A cita xudicial tivo lugar na mañá do martes. 

Segundo recolle o xornal "La Región", cando os homes chegaron á casa trala cita co xuíz, comezou unha intensa disputa entre ambos. Nun momento tenso da discusión, un dos homes golpeou ó outro cunha pa, provocándolle importantes lesións. 

O ferido foi trasladado ó Hospital de Verín nun primeiro momento, pero ante a gravidade das feridas, procederon a levalo ó Complexo Hospitalario de Ourense. Unha vez alí foi intervido cirurxicamente de urxencia. O agredido permanece en estado grave.

O agresor pasou a tarde nas dependencias da Garda Civil á espera de pasar a disposición xudicial. 

Comentarios