miércoles 30/9/20
O accidentado atópase fóra de gravidade, segundo valoraron os servizos de emerxencias no momento do rescate

Excarcerado un camioneiro en Trasmiras, tras colidir o seu vehículo contra outro detido no arcén

O condutor dun tráiler porta vehículos perdeu o control do seu camión tras colisionar contra outro que se atopaba detido no arcén da A-52 (sentido Benavente), á altura do km 185, ó seu paso por Trasmiras.

Os bombeiros procederon ó rescate do condutor do tráiler porta vehículos, que resultou accidentado. | FOTO: Cedida.
Os bombeiros procederon ó rescate do condutor do tráiler porta vehículos, que resultou accidentado. | FOTO: Cedida.

Segundo fontes do equipo de atestados do Subsector de Tráfico da Garda Civil de Ourense, o condutor dun camión foi excarcerado hoxe, mércores 7 de setembro, tras colisionar o seu vehículo contra outro que se atopaba detido no arcén. 

O sinistro produciuse ás 19:25 horas desta tarde e deixou a un camioneiro atrapado na estrada A-52 (sentido Benavente) ó seu paso por Trasmiras.

966b7ce0-a6a2-4d9c-9f75-2d3cb8af7d47O camión que se atopaba detido no arcén tamén resultou danado debdio á colisión, pero o seu condutor non resultou ferido. | FOTO: Cedida.

Á altura do km 185, o condutor dun tráiler porta vehículos colisionou contra un camión estranxeiro que estaba parado no arcén. Logo de perder o control, o home que o guiaba saíuse da vía pola que circulaba e o automóbil quedou parcialmente volcado, deixándoo atrapado ata que os bombeiros do Consorcio Provincial do Parque da Limia procederon ó seu rescate. 

O estado do afectado foi valorado coma fóra de gravidade polos servizos de emerxencias no momento de recollelo unha ambulancia medicalizada no lugar do sinistro.

bc4ea58f-95c8-44ad-82c8-a3afce44c603As tarefas de rescate lograron liberar ó condutor accidentado na colisión, resultando ferido aínda que fóra de gravidade. | FOTO: Cedida. 

Tanto o carril dereito da estrada coma o arcén permanecen cortados para asegurar a zona de rescate e a limpeza da vía sen novos incindentes. A interrupción do tráfico na área manterase ata que se complete a retirada dos vehículos implicados, quedando aberto o carril esquerdo que xa foi sinalizado polos servizos de conservación da vía. 

Agárdase que mañá pola mañá, unha grúa de grande tonelaxe inicie a operativa para a recuperación do vehículo e a súa carga.

Nas tarefas de rescate interviñeron: o equipo de atestados, 3 patrullas de motoristas, 1 patrulla de Seguridade Cidadá do Posto de Xinzo de Limia, os bombeiros, 2 ambulancias e as brigadas de mantemento da vía.

Excarcerado un camioneiro en Trasmiras, tras colidir o seu vehículo contra outro detido...
Comentarios