lunes 30/11/20

A Garda Civil investiga a un home como presunto autor do incendio forestal de Abavides

    J.A. de 62 anos e veciño de Montealegre está sendo investigado como presunto autor do incendio que tivo lugar o luns en Abavides. Segundo informou a Garda Civil o lume forestal produciuse a causa dunha neglixencia. 

Tras tomarlle declaración, os axentes sospeitan que as lapas orixináronse por mor duha chispa que saltou dunha empacadora coa que este home estivera traballando. 

O incendio rexistrouse na tarde do luns en Abavides e como consecuencia queimouse unha hectárea arbolada e 0.7 de monte baixo. 

 

Comentarios