martes 20/10/20
Ata o lugar movilizáronse axentes da Garda Civil, bombeiros, ambulancia medicalizada e un helicóptero

Atrapado o conductor dun tráiler accidentado na A-52 á altura de Trasmiras

46D686C0-8506-437B-BB39-E6D470AA6316
Accidente na A-52 á altura de Trasmiras. | Foto: Noelia Caseiro

No kilómetro 178 da A-52, entre As Estivadas e Trasmiras, produciuse un grave accidente de tráfico no cal o conductor do vehículo articulado permanece atrapado no interior. 

As posibles causas do suceso apuntan a unha saída da vía do propio vehículo e, como consecuencia, unha caída precipitada do mesmo. 

Ata o lugar dos feitos, tivo que desprazarse a Garda Civil de Tráfico así coma efectivos de bombeiros e equipo médico. 

Tal e como informa a Garda Civil, nestes momentos estanse a levar a cabo os traballos de rescate do conductor.
 

Atrapado o conductor dun tráiler accidentado na A-52 á altura de Trasmiras
Comentarios