miércoles 08.07.2020

Unha persoa tivo que ser desaloxada da súa casa de Vilar de Lebres por mor dun incendio

A colaboración dos veciños foi clave para apagar o lume 

Unha persoa tivo que ser desaloxada da súa casa de Vilar de Lebres por mor dun incendio

    Un particular alertou ós servizos de emerxencia pasadas as 12h da mañá de que unha vivenda estaba ardendo en Vilar de Lebres, no concello de Trasmiras. 

As lapas saían da cheminea dunha casa na que se atopaba unha muller enferma. Os veciños procederon a sacala da vivenda e trataron de apagar o incendio cunha mangueira. Os bombeiros de Xinzo achegáronse ó lugar para participar na extinción e evitar que se avivase ó lume ó tratarse dunha construción de madeira no seu interior. 

Finalmente a muller está a salvo e a casa presenta danos na estrutura do conduto por onde sae o fume. 

O 112 tamén avisou a efectivos da Garda Civil e Protección Civil. 

Comentarios