viernes 17/9/21

Xinzo colabora coa Galicia exterior

Gracias a colaboración do Concello de Xinzo, mais de 30 persoas melloran ano tras anos os seus coñecementos de gaita

Xose Antón Losada
Xose Antón Losada

As datas deste curso que se fará en Suiza serán  dende  o 5 o 19 de este mes de outubro.


Dende fai uns anos o Concello de Xinzo de Limia a través da súa Escola Municipal de Gaitas e Percusión colabora con unha Asociación e Agrupación musical en Zürich (Suiza). Está asociación chámase “Banda de Gaitas As Xeitosiñas”, e ten xa máis de 30 anos de vida. Está formada na súa maioria por Galegos, tendo  tamén compoñentes doutras partes de España.
Esta colaboración consiste nun curso intensivo de 15 días que normalmente se fai no mes de Outubro. A persoa que imparte o curso é Xoán Losada, un dos tres mestres da Escola Municipal de Gaitas e Percusión.

Xoán xa leva 11 anos impartindo clases para esta Asociación de Galegos afincados en terras Helveticas. Sendo Fernando Dopico outro dos Mestres e da escola Limiá quen comezara a impartir clases nesta asociación anos atrás.
O Concello de Xinzo de Limia colabora poñendo o profesor a disposición da Asociación “Banda de Gaitas As Xeitosiñas”, sendo esta a que correrá con tódolos gastos.
Esperamos que a Escola Municipal de Gaitas e Percusión Limiá siga colaborando con esta e outras asociacións durante moitos anos, xa que é un previlexio que conten coa nosa xente fora das nosas fronteiras.

Xinzo colabora coa Galicia exterior
Comentarios