martes 21/9/21

Accidente mortal en Vilar de Barrio

O condutor da moto faleceu

68

Fai escasos minutos tivo lugar un sinistro vial consistente na colisión dunha furgoneta e un motorista no pobo de Maus, entre Arnuide e Vilar de Barrio.

No desgraciado accidente  perdeu a vida o condutor da moto.

Ata o lugar do sinistro trasladáronse efectivos do parque de bombeiros comarcal de Xinzo, Garda Civil de Tráfico e ambulancias do 061.