O Concello de Vilar de Barrio alerta dun positivo en Arnuide

Arnuide
O Concello de Vilar de Barrio alerta dun positivo en Arnuide

A alcaldía comprométese cos veciños a dar un comunicado todos os días ás 20:00

Comunicado da alcaldía das 20:30 de hoxe 30 de outubro:

Temos un positivo en Arnuide. Todos os que tiveron un contacto directo están en cuarentena e a espera do resultados das PCRs.

Desexamos unha pronta recuperación do veciño enfermo.

Lembramos a necesidade de extremar as medidas precautorias: distancias, máscaras e hixiene.

A nosa solidaridade cos afectados