Concentración e parón educativo no CEIP Vilar de Barrio

43023824_308221893312625_7347221367231610880_o
Concentración e parón educativo no CEIP Vilar de Barrio

Mañá xoves a partir das 10:15 en Vilar de Barrio

En cada aula están ata 18 alumnos de tres niveis diferentes

A Anpa de Vilar de Barrio, mañá xoves fará unha concentración diante do colexio de infantil e primaria do seu concello ademais dun parón educativo, todas as familias que envían os seus nenos e nenas a este centro.

A reivindicación que non obtivo resposta por parte da administración educativa, en ningún dos seus estamentos dende fai dous anos, fartou as familias e comezarán agora unha serie de accións para conseguir que a Consellería acceda a súa petición dun mestre máis para o centro.

A presidenta da ANPA manifesta que este e un centro recoñecido polos seus bos resultados, premiado, cun profesorado implicado, familias activas e que leva mantendo a mesma matrícula en 10 anos conta cun cadro de persoal só de 4 profesores que enchen e dobran a súa xornada para atender os nosos fillos e fillas e as súas dificultades.

A ANPA do CEIP Plurilingüe de Vilar de Barrio, pide que lle sexa restituída a praza dun profesor /a máis, eliminada hai dous anos.Despois de dirixir un escrito 14238177_951421538336899_4938930254361187487_nhai case dous anos á Xefatura territorial e de xuntarnos co Inspector de educación do centro e coa Xefa Territorial de Ourense, pedindo mesmo cita en Santiago para o que nin resposta obtivemos; decidimos levar a cabo unha serie de medidas que comezan cun parón educativo, o xoves día 4 ás 10,15.As familias de centro están indignadas debido ás falta de profesorado, o alumnado todo do centro está agrupado en tres aulas, contando cada unha con 3 niveis educativos e chegando a sumar mesmo 18 nenos e nenas. Sabemos que temos nenos e nenas de necesidades educativas especiais para os que non hai profesorado de apoio e así non superarán as súas dificultades.

Un centro de referencia, cun profesorado implicado, gañador de varios premios como o Samsung de innovación educativa e punteiro con proxectos de robótica, de radio...Non pode continuar mantendo a calidade educativa con só 4 profesores e profesoras para 48 nenos.Temos datos doutras escolas no rural e é a nosa a peor dotada.

O curso pasado, cando un profesor/a faltaba, os nenos tiñan que ser repartidos polas distintas aulas para que os puidesen atender.

Queremos un centro educativo de calidade, queremos os medios necesarios e mobilizarémonos para ter:

Un profesor XA.