miércoles 30/9/20
Tomóuselle declaración por un suposto delito forestal

Investigada unha veciña de Borrán por prender lume

Borrán (Vilar de Barrio)
O lume comezou en O Inxido, na localidade de Borrán.

A Guardia Civil de Vilar de Barrio tomou declaración á veciña de Borrán de 62 anos en calidade de investigada coma presunta autora dun delito forestal. 

Foi chamada a declarar sobre o lume do Inxido (Borrán) nos xulgados de Xinzo de Limia. A superficie queimada no mesmo foi de 0,2 hectáreas de monte arborado e 0,1 hectáreas de monte raso. 

O alcalde de Vilar de Barrio, Manuel Conde, destaca a importancia de que "todos os causantes dos lumes, unha vez demostrada a súa culpabilidade, deben ser castigados coas máximas penasO lume de Borrán é grave pola hora e o lugar", aclara Manuel.

Comentarios