miércoles 30/9/20

Falece a muller de 91 anos contaxiada de coronavirus no surto de Vilar de Barrio

A veciña de Porto foi vítima do surto de coronavirus que se deu a coñecer durante a pasada semana no municipio de Vilar de Barrio e que afectou, entre outras persoas, ao seu marido.

Vista aérea da capitalidade municipal. | FOTO: Concello Vilar de Barrio.
Vista aérea da capitalidade municipal. | FOTO: Concello Vilar de Barrio.

O Concello de Vilar de Barrio acaba de facer público o falecemento da primeira contaxiada no surto que se produciu no municipio.

María Flores Blanco Nieto tiña 91 anos e era veciña da localidade de Porto (Vilar de Barrio).

Pasou a primeira etapa do seu ingreso no Hospital de Verín, ata que o seu marido, tamén contaxiado, tivo que ser hospitalizado. Ambos foron trasladados ó Complexo Hospitalario de Ourense (CHUO).  

Son 34 os casos activos hoxe, venres 7 de agosto, na Área Sanitaria de Ourense, Verín e O Barco de Valdeorras: 4 deles están ingresados e 30 permanecen en seguemento a domicilio. Non hai ningún paciente en UCI. 

Os hospitais públicos de Verín e Valdeorras non rexistran ningún caso polo momento: as PCR realizadas ascenden a 36.722, segundo informa o SERGAS.

Comentarios