miércoles 30/9/20
O veciño de Porto é o marido de Dona Mª Flores Blanco Nieto, falecida 5 días antes na localidade por mor da Covid

Falece un home de 90 anos contaxiado de coronavirus no surto de Vilar de Barrio

Nestes momentos son 8 os casos activos en Vilar de Barrio e atópanse en situación de illamento nos seus domicilios.

Vista aérea da capitalidade municipal. | FOTO: Concello Vilar de Barrio.
Vista aérea da capitalidade municipal. | FOTO: Concello Vilar de Barrio.

O Sergas vén de informar do falecemento de Bernardino Souto Merino, contaxiado de coronavirus no surto de Vilar de Barrio, durante a pasada noite.

O veciño de Porto ingresou o pasado xoves 30 de xullo no Hospital Universitario de Ourense (CHUO) con diagnóstico Covid-19 e varias patoloxías previas asociadas.

O afectado era o marido de Mª Flores Blanco Nieto, a segunda falecida que tivo que lamentar a localidade de Vilar de Barrio a causa da pandemia -a primeira foi outra veciña de Vilar de Barrio que faleceu durante o confinamento, en pleno Estado de Alarma-.

Trátase do cuarto pasamento por Covid-19 que se produce en Galicia nesta semana

Son oito os casos activos no surto que se deu a coñecer no municipio: atópanse todos en situación de illamento nos seus domicilios, controlados en todo momento por Sanidade e con seguemento dos profesionais do centro de saúde. 

A área sanitaria de Ourense, Verín e O Barco de Valdeorras, a través dun comunicado oficial do Servizo Galego de Saúde, desexa transmitir as súas condolencias ós familiares.

Comentarios