miércoles 30/9/20
As tarefas de afirmado contan cun orzamento aproximado de case 153.000 euros

Vilar de Barrio e Maceda arranxarán a pista en San Mamede con fondos de Medio Rural

A Consellería de Medio Rural vén de concederlle a execución do arranxo da pista de San Mamede ós concellos limítrofes de Vilar de Barrio e Maceda.

Medio Rural aproba o afirmado dunha pista na serra de San Mamede, entre os municipios de Vilar de Barrio e Maceda. | FOTO: Recuperada.
Medio Rural aproba o afirmado dunha pista na serra de San Mamede, entre os municipios de Vilar de Barrio e Maceda. | FOTO: Recuperada.

Segundo fontes da Dirección Xeral de Desenvolvemento Rural, a Consellería de Medio Rural vén de aprobar a execución do arranxo dunha pista de San Mamede, dentro do Plan de Infraestruturas Rurais 2020 e cun orzamento de case 153.000 euros. 

O afirmado viario está aprobado nos dous municipios limítrofes que están conectados a través da pista, situada na serra de San Mamede: Vilar de Barrio e Maceda. 

Logo da aceptación por parte do organismo, o Concello de Vilar de Barrio -por tratarse do municipio xestor- debe achegar testemuño do acordo na web da Dirección Xeral e manifestar a súa aceptación comprometéndose a colaborar cas obras de acondicionamento.

Así, o municipio limián deberá pór á disposición da institución -libres de cargas e gravames- todos os terreos necesarios para a execución das tarefas así coma os permisos pertinentes para levalas a cabo; asumindo a explotación, mantemento e conservación das obras; acreditando que a persoa encargada de asinar o Convenio de Colaboración está debidamente facultada; manifestando que a obra non se someterá a modificacións importantes durante os próximos 5 anos; acreditando a adecuación dos traballos á normativa urbanística e a correspondente dispoñibilidade dos terreos... Entre outros requisitos. 

Comentarios