sábado 24/10/20

Veciños de Vilar de Barrio recollen sinaturas para pedir un caixeiro automático

Polo momento conseguiron mil firmas

abanca

    Os veciños e veciñas de Barrio xuntáronse para reunír firmas e pedir a Abanca que instale un caixeiro automático no concello. Ata agora conseguiron mil firmas que llas farán chegar á entidade financieira. A iniciativa leva anos en marcha. A xente de Vilar de Barrio ten que desprazarse ata Xinzo para facer caquera operación bancaria cando pecha a sucursal de Abanca. Consideran que en moitos casos supón un problema sobre todo porque a maioría da xente ten máis de 65 anos.

A súa petición aínda non tivo resposta pero sinalan que seguirán peleando para que o municipio con preto de 1500 habitantes, teña un caixeiro automático. 

Veciños de Vilar de Barrio recollen sinaturas para pedir un caixeiro automático
Comentarios