VILAR DE BARRIO ENCHESE DE ACTIVIDADE

vilar de barrio 1
VILAR DE BARRIO ENCHESE DE ACTIVIDADE

Dende o mércores 26 ata o 6 de agosto

O Concello de Vilar de Barrio conxuntamente coas asociación Cultura Os Gaiteiros e asoc.. Xuvenil Os Gaiteiros encheran na próxima quincena o pobo de actividades culturais, deportivas, concertos e animacións a lectura, entre outras.

BRINCA VAI , CONCERTO E ACTIVIDADES VARIAS ATA FINAIS DE XULLO

CARTELconcerto_En_mala_horaA primeira das actividades será a animación a lectura, que se levará a cabo o próximo mércores 26 e a seguinte será un concerto na noite do domingo día 30 no que a música poraa o grupo EN MALA HORA. O concerto levarase a cabo as 12:30 e a entrada será de balde. O grupo EN MALA HORA, entre outras cousas dedicase o versionado de grandes cancións de rock.

O último día de xullo as actividades comezarán as 18:00 coa instalación dun ROCÓDROMO con catro niveis de dificultade e sen límite de idade para participar.

As 10 da noite haberá unha \“QUEDADA\” para cear no Toural acompañado da familia ou amigos, e o único requisito será que cada un traia o seu bocadillo.

Rematará a noite cunha disco móbil no mesmo lugar ata que o corpo aguante.

ANDAINA E RUTA CICLOTURISTICA

Sen case descanso das festas 0 4 de agosto celebrarase a IV edición da ANDAINA POPULAR de V. de Barrio. A saída da mesma será as 09:30 dende a Praza do Toural, pechándose a inscrición soamente 15 minutos antes. A inscrición será gratuíta e haberá agasallos para todos os participantes ademais de froita e auga. O percorrido será polas beiras do Arnoia.

Para seguir facendo deporte o día 6 de agosto celebrarase a xa clásica RUTA CICLOTURISTICA na súa X edición. A modalidade será en BTT tendo que percorrer 25 Km/aprox. Cunha dificultade media tendo a súa saída temen no Toural. A recollida de dorsais será de 09:30 a 10:30, hora da saída da ruta. A inscrición será temen de balde. A idade mínima para participar serán os 8 anos.