viernes 7/8/20

Aberto o prazo de solicitude para unha praza de traballador social interino en Vilar de Santos

Aberto o prazo de solicitude para unha praza de traballador social interino en Vilar de Santos

O Concello de Vilar de Santos presenta a posibilidade de obter un contrato laboral temporal por interinidade a xornada completa, de luns a venres. As bases completas do concurso de méritos atópanse na súa totalidade na web do concello, máis concretamente no Taboleiro de Anuncios da súa sede electrónica.

Todos os interesados na praza ofertada de traballador social interino terán cinco días hábiles para presentar as instancias necesarias, ata o próximo martes 21 de xaneiro.