As actividades do programa envellecemento activo póñense en marcha en Vilar de Santos

ximnasia
As actividades do programa envellecemento activo póñense en marcha en Vilar de Santos

O obxectivo é preservar a saúde física, psicolóxica e social dos maiores

O Concello de Vilar de Santos impulsa pon en marcha as actividades programadas para levar a cabo cos maiores e que se van desenvolver todo o ano. A iniciativa forma parte do Plan de Igualdade e Benestar impulsado polo Concello con programas abertos á participación dos veciños e veciñas.

Tódolos luns terá lugar o proxecto "saber envellecer, corpo san e mente sa" que inclúe deporte, andainas, xogos ou relaxación, entre outros.

Os martes e os xoves serán as xornadas dedicadas á ximnasia activa adaptada para os máis maiores. O fin é mellorar o estado físico e mental. Os días que faga bo tempo a actividade terá lugar nos parques biosaudables do Concello.

Tamén porán en marcha un obradoiro de memoria para estimular os recordos e a aprendizaxe e manter a mente en forma.

Por outra banda, no Telecentro municipal, achegaranse as novas tecnoloxías ós maiores con temáticas específicas que se impartirán polas tardes.

O fin deste programa é preservar a saúde física, psicolóxica e social da xente de idade avanzada, para axudarlle a manter a autonomía duranteo maior tempo posible. Para isto o Concello conta cun equipo de profesionais composto por unha psicóloga, unha traballadora social, unha enfermeira, unha fisioterapeuta e unha xerocultora.