martes 21/9/21

ACTO VECIÑAL DE RECOÑECEMENTO A ANTONIO NOGUEIRAS MELIO, POLO SEU 100 CUMPREANOS ENTRE NÓS

Antonio co seu cuñado Manuel de 103
Antonio co seu cuñado Manuel de 103

Con motivo do seu 100 cumpreanos, o Concello de Vilar de Santos, xunto con veciños e veciñas, familiares e amigos realizou un acto de recoñecemento a Antonio Nogueiras Melio.

O acto tivo lugar hoxe no Salón Multiusos da Casa do Concello.

Máis aló da merecida e humilde homenaxe que todos lle facemos, o que pretendemos é deixar constancia do noso afecto sincero a un home sinxelo.

Dase unha circunstancia especial que ocorre moi poucas veces. O seu cuñado Manuel Miguez Quelle - o Manuel Pequeño - , xa centenario con 103 anos, foi o primeiro homenaxeado polo concello en decembro do 2011. Hoxe estivo presente tamén no acto.

Neste tempo houbo outros dous homenaxes. No 2011 o de Manuel Miguez e no 2014 o de José Gonzalez.

Comentarios