O alcalde de Vilar de Santos reúnese co presidente da Deputación provincial de Ourense

Reunión Manuel Baltar (Presidente da Deputación Ourense) con Antonio Míguez Nogueira (Alcalde do concello de Vilar de Santos).
O alcalde de Vilar de Santos reúnese co presidente da Deputación provincial de Ourense

O presidente provincial comprometeuse a recuperar a colaboración co Museo Etnográfico da Limia

O presidente da Deputación Provincial de Ourense, Manuel Baltar, reuniuse no día de onte no Pazo Provincial co novo alcalde de Vilar de Santos, Antonio Míguez.

Na entrevista mantida o alcalde trasladoulle ao presidente algunhas das actuacións que a institución municipal demanda do ente provincial. Ambos comprometéronse a traballar de forma conxunta na reposición do alumeado público, asfaltado e recuperación de pavimentos no núcleo de Vilar de Santos. Igualmente o presidente provincial comprometeuse a recuperar a colaboración co Museo Etnográfico da Limia