A Arca da Noe festexa o seu segundo ano de actividade en Vilar de Santos

noemi
A Arca da Noe festexa o seu segundo ano de actividade en Vilar de Santos

A taberna cultural de Vilar de Santos está de aniversario e durante a fin de semana terán lugar diversas actividades para festexalo.

O sábado día 30 vai ser o día grande e comezará a xornada ás 19h cun obradoiro para nenos e nenas na Arca da Noe. Ás 22.30h arrancarán as actuacións musicais da man de Uxía dende Galicia, João Gentil de Portugal e Sérgio Tannus dende Brasil. Haberá tamén foliada ó longo de toda tarde.

Non faltará o polbo do Pucho e comida vegana da man de Natalia e Vítor.

A Arca da Noe está de noraboa celebrando dous anos de actividade nos que se converteu nun local de referencia da zona. Recentemente recibiu o premio Martín Códax como mellor sala de espectáculos de Galicia.