O centro de maiores de Vilar de Santos celebra o I Festival do Maior

maiores
O centro de maiores de Vilar de Santos celebra o I Festival do Maior

Os asistentes disfrutaron de multitude de actividades

Usuarios e traballadores do Centro de Día de Vilar de Santos e veciños e veciñas do pobo, festexaron o venres o I Festival do Maior. Estas xornada foi un resumo do proxecto comunitario "Saber envellecer: corpo san en mente sa", actividades e terapias realizadas polos profesionais do centro ó longo dun ano. Algunhas delas ximnasia, relaxación, masaxes terapéuticos ou mesmo fomento da autonomía persoal.

Durante a celebración, os participantes bailaron e cantaron coa coral "As Bolboretas", integrada por usuarios do centro de día. Proxectouse "unha ollada atrás", un resumo audiovisual das actividades feitas no centro. Tamén se fixo unha exposición con traballos feitos no centro ó longo do ano.

O I Festival do Maior rematou cunha entrega de diplomas ós participantes nas activdades e agasallos para os colaboradores.

Dende o Concello sinalan que é unha iniciativa que se enmarca no Plan de Igualdade e Benestar impulsado polo consistorio e que inclúe un conxunto de actividades e programas abertos á participación dos veciños. Estes obradoiros complemétanse con outras actividades que ofrecen alternativas e fomentan a convivencia de todo o pobo e que terán continuidade nos vindeiros meses.