lunes 16.12.2019

Chega á Limia a exposición Tarxetas do Nadal

Dende o 20 de novembro ata o 10 de xaneiro de 2010, poderase desfrutar no Museo da Limia da colección particular de tarxetas de Nadal de Anxo Dacal

Coa colaboración do Centro de Cultura Popular do Limia e o concello de Vilar de Santos, chega a Xinzo de Limia unha nova exposición destinada a todo tipo de públicos.

postaisDurante case un mes, os sábados e domingos nun horario de 16:00h a 18:00h, os veciños e visitantes da Limia poderán achegarse ao Museo da Limia para deleitarse coa mostra de tarxetas de Nadal da colección particular do membro do Consello Asesor, Anxo Dacal.
O obxectivo desta exposición é rememorar unha práctica case esquecida pola incorporación das novas tecnoloxías. Para isto, recóllense máis de 600 postais, expostas tanto en vitrinas como en albums, que abarcan dende o ano 1964 e que pertencen a diversos países como Israel ou a Unión Soviética.